Lilo xa ten unha irmá

402

Sydney AgudongA actriz hawaiiana Sydney Agudong é a elixida para interpretar a Nani, a irmá maior e titora legal de Lilo, na película de acción real Lilo and Stitch da Disney Pictures. Agudong úne-se deste xeito a un elenco no que xa figuran Maia Kealoha (Lilo), Zach Galifianakis e mais Billy Magnussen. Dean Fleischer Camp dirixe o remake, que polo de agora aínda non ten previsto estrear-se nas salas de cinema e irá directo ao servizo de streaming da Disney+.