O Zombo Pantasma

0
176

ZomboA Death Ray Films, unha empresa produtora creada recentemente por Kevin Munroe, Chris Patton e Robert Sanchez, vai-se asociar coa Maya Entertainment para levar ao cinema o cómic da Dark Horse El Zombo Fantasma.

Munroe escribirá e dirixirá esta longametraxe, con Patton e Sanchez na produción. Mike Richardson, da Dark Horse, será o produtor executivo.

O cómic, publicado en 2005, narra a história dun actor mexicano de loita libre asasinado que regresa á vida para se converter no anxo da garda dun adolescente problemático de Los Angeles. Zombo decatará-se de que o rapaz non é o que semella ser e que os seus destinos están vencellados. O persoaxe foi creado por David Wilkins e Munroe mentres traballaban nunha empresa de videoxogos. Os dous serán os co-produtores.

A Death Ray e mais a Maya agardan poder lanzar unha franquía co novo heroe e planean mesmo facer unha continuación do filme cunha série de debuxos animados. Zombo foi descrito coma unha espécie de Hellboy latino, ainda que as compañías coidan que engadíndo-lle elementos coma a acción, o romance e a redención poderán chegar a un público non hispano.

Jose Martinez da Maya e Kellvin Chavez, dono do sítio Web Latino Review, tamén serán os produtores de Zombo. O copresidente da Maya Moctesuma Esparza será o produtor executivo. Maya é unha produtora de cinema e televisión cun público predominantemente hispano e Zombo será o seu primeiro proxecto dentro do xénero fantástico.

Munroe (As tartarugas ninjas mutantes), que está a dirixir Dead of Night, é asemade o produtor do filme de terror independente War Monkeys xunto a Sanchez.