Seica a Lionsgate Television está a comezar o desenvolvemento dunha versión para a tele da popular saga de vampiros e lobishomes de Twilight creada por Stephenie Meyer. SineadDaly (Raised by Wolves) está a escribir o guión para unha série, pero aínda non se sabe se esta será un remake ou unha história ambientada no mesmo universo. Agárda-se iso si, que a mesma Meyer participe na adaptación, mentres que Wyck Godfrey e ErikFeig serán os produtores executivos.