Os Megas en desenvolvemento

0
181

A capa do cómicJonathan Mostow asociará-se coa Virgin Comics para desenvolver un filme baseado en Os Megas, unha novela gráfica ambientada nun universo alternativo publicada pola Virgin e baseada nunha ideia orixinal de Mostow.

A novela gráfica, que conta cun guión de John Harrison e debuxo de Peter Rubin, vai sobre uns Estados Unidos governados por unha clase dirixente chamada Os Megas, para os que hai unha clase especial de leis. Un detective que acredita na monarquía verá derrubar-se os seus princípios após de investigar un crime que revela unha fea verdade sobre esta sociedade da elite.

Non está claro se Mostow escribirá o guión ou dirixirá esta adaptación cinematográfica; el e mais o xefe cretivo da Virgin Comics, Gotham Chopra, e o xefe executivo Sharad Devarajan axiña van mercar os dereitos sobre este proxecto.