Fanning protagoniza The Watchers

414

Dakota Fanning (The Equalizer 3, The Alienist) será a protagonista do thriller sobrenatural The Watchers, co que debutará no cinema a directora Ishana Night Shyamalan.

O filme, que produce a New Line Cinema após de se facer cos dereitos nunha apertada poxa, está baseado na novela de terror homónima de 2021 de A.M. Shine, e conta a história de Mina (Fanning), unha artista de 28 anos perdida nun enorme bosque no oeste de Irlanda. Após de atopar acubillo, decáta-se de que está atrapada xunto a outros tres estraños que son vixiados e observados por criaturas misteriosas polas noites.

M. Night Shyamalan e Ashwin Rajan serán os produtores por médio da súa compañía, a Blinding Edge Pictures, xunto a Nimitt Mankad da Inimitable Pictures, e con Jo Homewood e Stephen Dembitzer coma produtores executivos. O filme ten previsto comezar a súa rodaxe este verán e debutará nas salas de cinema o 7 de xuño de 2024.