O escritor e produtor Nic Pizzolatto, quen gañou sona mundial grazas á série True Detective, da que foi o creador, recibiu o encargo de escribir o guión de Blade, o filme de vampiros e superheroes da Marvel e a Disney que protagonizará Mahershala Ali.
O proxecto está de novo en marcha despois de que o seu anterior director, Bassam Tariq, abandoara o pasado mes de setembro por mor de diferéncias creativas, só uns meses antes de que a rodaxe comezara en Atlanta. O novo director é o francés Yann Demange, quen xa comezara a traballar cun primeiro guión de Michael Starrbury (When They See Us) antes de que Pizzolatto chegase a bordo.
Blade ten previsto o início da rodaxe a finais de maio, e a intención é facer un filme moito mais sinistro e escuro do que é habitual no universo da Marvel, se cadra mais na liña do que foron as películas orixinais que protagonizou Wesley Snipes nos anos 90.
Ali, que xa lle puxo a voz ao persoaxe nunha escena post-cretos de Eternals, lidera un elenco no que tamén participan Mia Goth e Delroy Lindo baixo a produción de Kevin Feige. A data de estrea é o 6 de setembro de 2024.