Waititi dirixe Klara e o sol

401

O director novacelandés Taika Waititi ven de por os ollos no seu seguinte proxecto e está xa a negociar a súa entrada en Klara and the Sun para a 3000 Pictures, unha compañía pertencente á Sony.

O proxecto é unha adaptación da novela homónima do escritor inglés Kazuo Ishiguro (The Remains of the Day) e que foi a mais vendida de 2021 segundo a lista oficial do xornal New York Times. A história vai sobre Klara, unha rapaza robótica creada para evitar que os adolescentes fiquen sós. Na história, Klara tenta salvar a unha família de humáns cos que vive.

Dahvi Waller escribiu o guión orixinal para a versión ao cinema, que xa está en desenvolvemento. David Heyman produce xunto a Garrett Basch e mais ao mesmo Waititi, caso de finalmente asinar o contrato.

Waititi, cuxo último traballo nas pantallas foi Thor Love And Thunder para a Marvel Studios, pasou algún tempo considerando as súas opcións, unha das cales é aínda unha película dentro do universo de Star Wars para a Lucasfilm, e que sería o seu seguinte traballo após de Klara and the Sun.