A nova Bruxa de Blair comeza a andar

174

The Blair Witch ProjectApós de que o ano pasado a Lionsgate deixara caer a posibilidade dun relanzamento da franquía de The Blair Witch Project, agora seica o realizador inglés Oliver Park (The Offering, Strange Events) ven de ser contratado para dirixir unha secuela da popular saga de terror. O proxecto incluiría unha rodaxe a finais de verán e a participación da compañía produtora orixinal, a Haxan Films, con Daniel Myrick e Eduardo Sánchez regresando coma produtores.