A presidenta da Lucasfilm, Kathleen Kennedy, dixo onte que non ten intención de repetir os erros de finais dos anos 10, cando as películas da saga de Star Wars tiñan unha data de estrea prefixada. Agora queren adoptar unha estratéxia semellante á de James Bond: “Adoito menciono a Bond. Iso é cada tres ou catro anos, e non había esa presión de sentir que tiñas que ter unha película cada ano. Coido que iso foi moi importante para Star Wars. Temos que igualar isto. É moito mellor dicir a verdade, que imos facer estas películas cando estean listas para se facer, e estrea-las cando estean listas para se estrearen“.