O maior éxito de Michael Jackson, Thriller, será axiña un musical de teatro. Así o veñen de confirmar os produtores da Nederland Organization, que adquiriu os dereitos do musical, explicando que ésta será “a versión exclusiva autorizada por Michael Jackson” e que o cantante “participará en cada paso do proceso creativo“.
James Nederland, dono de nove teatros en Broadway e que ven de adquirir os deretos para o espectáculo, está encantado de poder traballar co cantante: “Gósta-me a ideia de facer de Thriller un musical. Unha rapaza atopa un rapaz, namóran-se, o rapaz ten un grande segredo, e agora o que?“.
O disco Thriller (1982) é o mais vendido da história e a produción teatral reproducirá o videoclip de catorce minutos do mesmo título que fai unha paródia dos filmes de terror. Nel un rapaz convírte-se en lobishome mentres pasea cunha rapaza. Asemade incluirá tamén cancións do álbum Off the wall, de 1979.
Ademais de Jackson, aparece na canción a voz do actor Vincent Price; o clip, dirixido por John Landis, custou 500.000 dólares da época e foi un dos mais emitidos por todas as canles do mundo.
O manager e voceiro do polémico artista, O doutor Tohme Tohme, asegurou que “os de Nederland e Michael Jackson representan a excélencia do teatro en directo e do musical“. Jackson, de 50 anos, é un dos artistas que mais venderon ao longo da história.