NETFLIX / Bird Box Barcelona. A Netflix anúncia a estrea para o vindeiro 14 de xullo de Bird Box Barcelona, unha secuela do filme de terror psicolóxico dirixido por Susanne Bier en 2018 e que foi un dos primeiros éxitos mundiais da empresa. Àlex e David Pastor, os responsábeis do thriller de 2020 Hogar, escriben e dirixen un spin-off en castelán, ambientado dentro do mesmo universo, e que será o primeiro nunha série que percorrerá diferentes cidades do mundo.