Un dos candidatos a se facer co posto de 007, o actor inglés Theo James (Underworld, The Time Traveler’s Wife), protagonizará o novo filme de terror The Monkey, baseado no conto homónimo do mestre do xénero Stephen King e adaptado para as pantallas por James Wan.
A história comeza cando os irmáns xemelgos Hal e Bill atopan no faiado un vello mono de xoguete que pertenceu ao seu pai. Unha série de espantosas mortes acontecen ao seu redor, e os irmáns deciden botar co mono e seguir adiante coas súas vidas, separándo-se durante anos.
Pero cando as misteriosas mortes comecen de novo, os irmáns deberán reunir-se para atoparen un xeito de destruír ao mono para sempre, antes de que mate a un dos seus seres queridos.
Wan, Michael Clear, Jason Cloth e mais Dave Caplan producirán a película. O guión é do actor Oz Perkins (fillo do lendário Anthony Perkins), quen para esta ocasión ademais dirixirá. Perkins xa conta entre os seus cretos con filmes de terror coma The Blackcoat’s Daughter (2015) e I Am the Pretty Thing That Lives in the House (2016), así coma a longametraxe de 2020 Gretel & Hansel.
Os estudos están aínda á procura do resto do elenco.