O veterán Jackie Chan ven de asinar o contrato para protagonizar A legend, a secuela do seu éxito de 2005 The Myth, una aventura fantástica de artes marciais.
Stanley Tong (Rumble in the Bronx) dirixirá a película, que contará cun orzamento de 50 millóns de dólares e estará coprotagonizada por Yixing Zhang (Kung Fu Yoga) e Coulee Nazha (Police Story 2013).
Chan volve interpretar ao profesor Chen, experto en arqueoloxía. Os acontecementos comezan cando se decata de que a textura dos artefactos descubertos polos seus estudantes durante unha expedición a un glaciar é sorprendentemente similar a un colgante de xade que viu nos seus soños.
Sospeitando que o colgante actúa coma ponte entre o reino dos soños e a realidade, o profesor Chen conduce á súa equipa de investigación a unha viaxe polas profundidades do Templo Glaciar, embarcándo-se nunha aventura fantástica.
Tony Leung Ka-fai, Kim Hee-sun e Mallika Sherawat foron os coprotagonistas de The Myth, un filme que recadou 120 millóns de dólares en todo o mundo no ano da súa estrea, a partir dun orzamento de 15 millóns, aínda que a crítica non foi nada piadosa con el.
Aos seus 69 anos, Chan continúa sen baixar o ritmo. O seu recente éxito de acción Ride On fixo mais de 30 millóns en China, axiña poderemos oí-lo coma a voz de Splinter no filme de debuxos animados Teenage Mutant Ninja Turtles: Mutant Mayhem, e ademais está a preparar a cuarta entrega da saga de Rush Hour.