Haunted Mansion

184

DISNEY PICTURES / Haunted Mansion. Nesta misteriosa aventura, unha médica (Rosario Dawson) e mais o seu fillo de nove anos (Chase Dillon), á procura dunha nova vida, múdan-se a unha estrañamente barata mansión de New Orleans, onde descobren que o lugar está enmeigado. Desesperados por obteren axuda, contactan cun cura (Owen Wilson), quen á súa vez alista a un experto no paranormal (LaKeith Stanfield), unha psíquica (Tiffany Haddish) e mais un historiador (Danny DeVito). Nos cinemas a partir do 28 de xullo.