A actriz e produtora inglesa Louisa Warren, coñecida polos fans de Harry Potter por interpretar a Hannah Abbott, e responsábel coma directora dalgúns filmes de terror de baixo orzamento coma The Ghosts of Borley Rectory (2021), The Suit Weareth the Man (2020) ou Leprechaun’s Rage (2021), fará Cinderella’s Curse, unha versión de terror do clásico conto de fadas que está a preparar a ChampDog Films.
Todo semella indicar que será un slasher no que a Cincenta é a asasina. Segundo Warren, o filme tráta-se dun “xiro incribelmente único da Cincenta que todos amamos e coñecemos. Vai haber algunhas mortes realmente horríbeis a mans dela“.
Kelly Rian Sanson, Chrissie Wunna e Danielle Scott serán os protagonistas, e Harry Boxley será o co-guionista.
Cinderella’s Curse ven-se unir deste xeito a outros proxectos recentes que presentan unha versión mais sinistra de contos clásicos que están agora baixo domínio público, coma Winnie the Pooh: Blood and Honey, Peter Pan Goes To Hell e Bambi: The Reckoning. En 1997 xa se estreara unha versión gótica e terrorífica de Brancaneves titulada Snow White: A Tale of Terror, con Sigourney Weaver, Sam Neill e Monica Keena.
A rodaxe comezará o mes que ven en Inglaterra, e a ITN Studios estreará a película en outubro.