Matt Berry entra no mundo da Minecraft

122

O actor e icona da comédia inglés Matt Berry (The IT Crowd, What We Do In The Shadows) está a negociar coa Warner Bros. a súa entrada no elenco da adaptación ao cinema do popular videoxogo Minecraft, no que xa figura Jason Momoa (Aquaman).

O director de Napoleon Dynamite, Jared Hess, dirixirá o proxecto, pero polo de agora os detalles do argumento e os persoaxes mantéñen-se en segredo. O único certo é que o filme chegará ás pantallas a partir do 4 de abril de 2025.

Minecraft é un xogo sandbox desenvolvido pola Mojang Studios, unha división da Microsoft, e lanzado en 2011. Dende entón converteu-se no videoxogo mais vendido da história, con mais de 238 millóns de cópias e case 140 millóns de xogadores activos mensuais.

Os xogadores exploran un mundo tridimensional, xerado proceduralmente, con terreo virtualmente infinito, e poden descubrir e extraer matérias primas, fabricar ferramentas e obxectos, e construír estruturas, movementos de terra e máquinas.

Empresas coma Vertigo, Legendary, Microsoft e On the Roam apoian o proxecto, que será producido por Roy Lee, Jon Berg, Mary Parent, Cale Boyter, Momoa, Torfi Frans Olafsson, Vu Bui e mais a defunta Jill Messick.