Feridos no seu orgullo pola denúncia publicada en exclusiva por NOVA FANTASIA, a Axéncia Galega do Audiovisual ven de recuar a médias na súa anterior decisión de non incluir cinema fantástico na súa selección para o Fantasporto, onde este ano a cinematografía convidada é Galiza e onde agora por fin, ademais das longametraxes afastadas do xénero que deran a coñecer con anterioridade, tamén se van pasar unha série de curtametraxes que esta vez si se poden enmarcar dentro do perfíl co que naceu o festival de Porto, que discorrerá entre o 20 e o 28 de febreiro.
A escolma de curtametraxes galegas fíxo-se entre a produción máis representativa dos últimos anos que tratan o xénero fantástico e a listaxe é a seguinte: 12007, de Diego Torres Frejeiro; A Flor Mais Grande do Mundo, de Juan Pablo Etcheberry; A Meiga Chuchona, de Pablo Millán, A Revolta dos Mouses, de David Alejandro Gen; Auga, de Xosé Antón Perozo Porteiro “Ozo”; Cousas do Kulechov, de Susana Rei Crespo; O Cerco, de Martiño Vazquez Baño; O Hospital, de Iván Seoane Romero; O Pintor dos Ceos, de Jorge Morais Valle; e Santiago de Sangue, de Francisco Calvelo Moreira.