A cantante e actriz Tina Turner ven de finar hoxe aos 83 anos de idade. Alcumada coma a “raíña do rock and roll” e unha das mais grandes cantantes de todos os tempos, acadou sona cedo grazas ao dúo que formou con Ike Turner, antes de lanzar unha carreira en solitário que a confirmou coma unha estrela mundial. Os fans do xénero fantástico sempre a relembrarán coma a coprotagonista de Mad Max Beyond Thunderdome (1985) e Last Action Hero (1993). Após de vender mais de 100 millóns de discos, retirou-se á súa mansión en Suíza, onde se nacionalizou tras vivir no país dende 1994.