Cameron está a escribir un novo Terminator

322

James CameronAínda que Arnold Schwarzenegger revelou a pasada semana que non regresará á saga de Terminator, o seu creador, James Cameron, non é da mesma opinión. Nunha rolda de prensa en Las Vegas onte, Cameron dixo que leva tres meses escribindo unha nova película de Terminator, pero que quere ver como remata o tema da intelixéncia artificial antes de continuar. En decembro do ano pasado o director xa mencionara que non desbotaba a ideia dun posíbel reinício da franquía.