Ven-se de confirmar que o director de anúncios holandés Matthijs van Heijningen será o encargado de sacar adiante a precuela do clásico thriller de terror de 1982 A Cousa que dirixira John Carpenter.
O produtor executivo da série Battlestar Galactica, Ron Moore, escribirá o guión tentando basear-se no conto orixinal do escritor John W. Campbell Jr. que Carpenter e Howard Hawks utilizaron (este último para facer o filme orixinal, de 1951, A Cousa do Outro Mundo).
Esta versión está ambientada nun campamento noruegués e narra como se descubriu ao álien por primeira vez e como chegou a conquistar a todos os habitantes deste campamento. Eric Newman e Marc Abraham serán os produtores.