A sección infantil da Sony Pictures Television está a desenvolver unha nova série de debuxos animados baseada na clásica comédia de situación Bewitched, á que xa alcuman coma “unha mestura de Hannah Montana e Harry Potter”.
A série estará protagonizada por Tabitha Stevens, a filla de trece anos da meiga Samantha e do humano Darrin, e que debe facer malabarismos con dúas vidas mentres asiste á escola secundária e, ao mesmo tempo, matricula-se en segredo nunha académia máxica dirixida pola súa avoa Endora.
Bewitched, que se emitiu dende 1964 até 1972 e foi reemitida ao longo dos seguintes anos en moitas ocasións, xa contaba cunha intro de debuxos animados, pero estes nunca pasaron de ser unha mera presentación.
En 2005 produciu-se unha longametraxe protagonizada por Nicole Kidman e Will Ferrell, que resultou un fiasco e recibiu moi malas críticas. Durante os anos 2010s tentou-se várias veces resucitar a franquía, pero os esforzos nunca chegaron a bó porto.
Polo de agora o proxecto, que está en desenvolvemento, terá que agardar até que remate a folga de guionistas.