A Warners Bros. Pictures e mais o produtor Dan Lin (Sherlock Holmes, Jonny Quest) están nas primeiras fases de desenvolvemento dun relanzamento do videoxogo convertido en franquía cinematográfica Tomb Raider.
A reelección do reparto semella ser tamén un problema de dereitos. Ainda que a Paramount fixera anteriormente as dúas películas baseadas no xogo, os dereitos reverteron ao creadores do software, a compañía Eidos. A Time Warner subiu a súa poxa case un 20% perante a Eidos en decembro e os dereitos da propiedade eran parte dese trato.
O mesmo cás recentes longametraxes de Batman e 007, o novo proxecto ignorará os anteriores filmes e reimaxinará as orixes de Lara Croft, as súas relacións sentimentais e o falcatruán principal. Dado que o proxecto está ainda aberto, non hai nin un guionista nin un director asociados ao mesmo, e a protagonista no papel de Lara Croft tampouco está ainda escollida e non-o estará até dentro de moito.
A popular saga de videoxogos escomezou en 1996 e vai sobre as aventuras da arqueóloga Lara Croft en misións por todo o mundo. Após de catro xogos, a cadaún mais popular có anterior, a saga se puxo nas mans de novos desenvolvedores que efectivamente recrearon o programa en Tomb Raider: Legend. A secuela deste último, Tomb Raider: Underworld, chegou ás tendas o pasado mes de novembro.
Angelina Jolie, Jon Voight e Daniel Craig protagonizaron o primeiro filme que adaptou este videoxogo en 2001, e a mesma Jolie, Gerard Butler e Ciaran Hinds protagonizaron o segundo en 2003. Malia as pésimas críticas que recolleu, obtivo 275 millóns de dólares nos despachos de billetes en todo o mundo. A secuela, ainda que seica millorou ao orixinal, só chegou aos 157 millóns.