Sarah Polley achéga-se ao novo Bambi

259

Após de se facer cun Oscar ao mellor guión adaptado con Women Talking este ano, a prestixiosa realizadora Sarah Polley está a manter conversas coa Disney para se encargar da versión con acción real do clásico dos debuxos animados Bambi.

O proxecto está aínda nos seus primeiros chanzos e polo de agora mesmo se fala de que podería ser un musical, cun libreto a cargo da cantante e compositora de música country Kacey Musgraves.

En 2020 a Disney contratara ás guionistas Geneva Robertson-Dworet e Lindsey Beer para escribir o filme, pero dende aquela xa pasou por várias versións, e a última polo momento é unha de Micah Fitzerman-Blue e Noah Harpster.

O filme orixinal, que foi unha adaptación da novela alemá de 1923 Bambi: Eine Lebensgeschichte aus dem Walde do escritor Felix Salten, é a história dun cervato chamado Bambi, a quen acontece unha traxédia e debe aprender a vivir coa axuda dos seus amigos no bosque, o coello Tambor e mais a mofeta Flor. A película foi a quinta que realizaba a Disney en toda a súa história e recadou uns daquela abraiantes 267 millóns de dólares en todo o mundo, pero tamén resultou traumatízante para os nenos que a miraron.

A compañía Depth of Field, de Chris e Paul Weitz, producirá o filme, que polo de agora aínda deberá agardar ao remate da folga de guionistas.