Volve o Poder de Grayskull!

0
201

He-ManJohn Stevenson, ún dos co-directores de Kung Fu Panda, será quen sinta o poder de Grayskull, xa que ven de asinar o contrato polo que pasará a dirixir Masters of the Universe, a versión con acción real que a Warner Bros. e mais a Silver Pictures realizarán do popular persoaxe de debuxos animados e dos xoguetes dos anos 80.

A série, realizada en asociación coa compañía xoguetera Mattel, representaba a un forzudo loiro chamado Príncipe Adam, quen ao pronunciar as palabras máxicas “Polo poder de Grayskull, eu teño o poder“, convertía-se no heroe He-Man. E e mais os seus aliados (Battle Cat, Man-at-Arms e Orko) defendían ao planeta Eternia das diabólicas forzas de Skeletor, quen semana tras semana tentaba conquistar o castelo de Grayskull, o que lle dá os poderes a He-Man.

Justin Marks escribiu o guión, que se decanta mais cara a fantasía e reimaxina a Adam como un soldado que parte na procura do seu destino, chegando ao mundo máxico de Eternia. Alí, o malvado Skeletor posúe un exército tecnolóxico que tenta eliminar todo rasto de máxia no mundo.

Joel Silver será o produtor, e Barry Waldo, o xefe de marketing e estratéxia da Mattel será o produtor executivo.

Este será o segundo intento de achegar a He-Man ao cinema, xa que o anterior, de 1987, tivo un resultado penoso. Aquel filme contou coa dirección de Gary Goddard e estivo protagonizado por Dolph Lundgren, Frank Langella e Meg Foster.