A Dreamworks anúncia a chegada de Orion

270

No decurso do Festival de Animación Internacional de Annecy en Franza, a Dreamworks anunciou que a súa longametraxe Orion and the Dark se estreará na Netflix ao longo de 2024, e que contará cun guión do famoso Charlie Kaufman, responsábel entre outros de Being John Malkovich e de Eternal Sunshine of the Spotless Mind.

A história, unha adaptación do libro homónimo de Emma Yarlett de 2014, está ambientada ás afóras de Philadelphia nos anos 90 e vai sobre Orion (Jacob Tremblay), un nervoso rapaz que ten medo da escuridade. Daquela, a encarnación vivente do seu peor medo, “A Escuridade” (Paul Walter Hauser) fai-lle unha visita para lle amosar que non hai ren que temer da noite. Orion debe decidir se pode aprender a aceptar o descoñecido e abrazar a alegría de vivir.

O produtor Peter McCown dixo do filme: “Ten toda a pegada de Charlie Kaufman nel“. O artista de Trolls World Tour Sean Charmatz fai o seu debut coma director, mentres que a produción executiva corre a cargo de Bonnie Arnold e Walt Dohrn.