A série das Células Mortas

316

Os estudos de animación franceses Bobbypills realizarán a adaptación para unha série de televisión en debuxos animados do videoxogo independente de 2018 Dead Cells. O desenvolvedor do xogo, a Motion Twin, a mesma Bobbypills, e mais a empresa de streaming Animation Digital Network serán os coprodutores da série, que contará cuns dez episódios de sete minutos de duración cadanseu.

A série ten lugar nunha illa enmeigada que foi desolada por unha estraña praga. O rei tolo da illa crea un remédio que converte aos habitantes en monstros, e mentres, as profecías falan dun heroe de cabeza de fogo que matará ao rei, pero este heroe resulta ser de verdade e só quere que o deixen en paz.

A Motion Twin anunciara hai pouco que o xogo pasou das dez millóns de cópias vendidas, mentres que a Bobbypills está xa familiarizada co mesmo, porque foi a responsábel de crear os tráilers cos que se deu a coñecer.

A série en todo caso será emitida en exclusiva en Franza antes de pasar ao mercado internacional.