Nunha recente entrevista conxunta con Levar Burton, o actor Patrick Stewart reflexionou sobre a terceira tempada de Star Trek: Picard e suxeriu que aínda non está preparado para dicir adeus: “Coido que poderiamos facer outra película, unha baseada en Picard. Non necesariamente sobre [Jean-Luc] Picard, senon sobre todos nós. E tomar moitos deses marabillosos elementos, particularmente da terceira tempada de Picard, e quitar de aí o que coido que podería ser unha película extraordinária. Sego dicíndo-llo a todo o mundo e mencionando-o, e até agora non houbo unha resposta entusiasta, pero ben podería acontecer. E coido que sería unha maneira moi axeitada de dicir: Adeus, amigos“.