David Corenswet é o novo Superman

273

Após de meses de audicións, probas de pantalla e innumerábeis rumores, a Warner Bros. Pictures e a DC Studios veñen de anunciar oficialmente que xa teñen aos seus novos Superman e Lois Lane.

David Corenswet (Pearl) será Superman e Clark Kent, mentres que Rachel Brosnahan (The Blacklist, The Marvelous Mrs. Maisel) interpretará a Lois Lane na nova película de James Gunn, Superman: Legacy. Os dous estaban entre o trío de finalistas que NOVA FANTASIA anunciara o pasado día 9, e tiveron que pasar por unha chea de probas fronte a Peter Safran e a Gunn, con maquillaxe e vestiário incluídos, para lér os seus papeis.

Cada actor asinara acordos que caducan tras de dúas semanas, o que significa que a decisión da DC Studios tiña que se anunciar antes dese tempo, dado que o sindicato de actores de Hollywood, a SAG-AFTRA, podería anunciar unha folga indefinida xa para este mesmo sábado 1 de xullo.

Agora que os dous papéis están pechados, Gunn terá que se centrar en atopar ao inimigo do Home de Aceiro, Lex Luthor, e mais ao fotógrafo do Daily Planet Jimmy Olsen. Gunn está polo de agora moi lonxe de contratar ao novo Batman.

Superman: Legacy contará cun guión do mesmo Gunn, e o filme ten prevista a estrea para o 11 de xullo de 2025.