Gerwig continuará a saga de Nárnia

230

A actriz, guionista e directora Greta Gerwig (Barbie) encabezará a nova franquía da Netflix de películas baseadas na série de libros de propaganda cristiá de C.S. Lewis The Chronicles of Narnia.

Gerwig ven de chegar a un acordo polo que escribirá e dirixirá polo menos dous filmes baseados nos libros, aínda que non está claro cales, polo momento. Tampouco está claro se se tratará da continuación das tres longametraxes anteriores, que comezaron coa epopea da Disney de 2005 The Lion, The Witch, and the Wardrobe, seguida de Prince Caspian en 2008 e The Voyage of the Dawn Treader en 2010.

A adaptación da continuación do filme de 2010, The Silver Chair, rumoreara-se durante moito tempo, pero nunca se confirmou. A Netflix obtivo os dereitos pola franquía en 2018, cando anunciou os seus plans de se asociar con The C.S. Lewis Company nun acordo de vários anos para produciren séries e películas baseadas nos libros.

Un ano despois, o coguionista de Coco, Matthew Alrich, incorporou-se á franquía coma “arquitecto creativo” para supervisar todo o desenvolvemento do proxecto no futuro.

Gerwig pola súa banda foi vencellada por primeira vez en novembro do ano pasado, pero estivo moi atarefada con Barbie até agora.