Tykwer adaptará a Nube de Atlas

0
201

Cloud AtlasTom Tykwer (The International, Run Lola Run) ven de confirmar que será quen adapte a novela de David Mitchell de 2004 Cloud Atlas para os irmáns Wachowski.

A novela, gañadora de vários prémios, está composta por seis histórias separadas pero cun delgado fío conector e trata de temas que abranguen vários periodos de tempo, localizacións e xéneros dende o drama de alta mar ao estilo de Melville até o xénero negro en Califórnia, pasando pola fantasía distópica.

Os rumores verbo deste filme apuntan asemade a que Natalie Portman podería ser unha das candidatas para o proxecto.