O escuadrón Suicida terá versión anime

339

Os antiheroes mais populares da DC Comics, Harley Quinn e Joker, deixarán Gotham City por un tempo e mudarán-se a un lugar mais exótico na recén anunciada série de anime Suicide Squad: ISEKAI.

O proxecto é o froito da colaboración entre a Warner Bros. Japan e mais os estudos de animación xaponeses WIT Studio, coñecidos polo seu traballo na animación das primeiras tempadas de Attack on Titan.

Isekai, que en galego ven significar algo así coma “un mundo distinto”, é un subxénero popular en Xapón, no que os persoaxes son transportados a unha realidade distinta, ao xeito de obras occidentáis coma The Chronicles of Narnia ou The Wonderful Wizard of Oz.

Neste caso, Harley e mais o seu mozo, o Joker, causan o caos habitual en Gotham City antes de rematar nunha soleada terra de fantasía épica, con dragóns e cabaleiros.

No tráiler tamén aparece Amanda Waller, a xefa do Escuadrón Suicida, o que suxeriría que algúns membros desa equipa poderían ter un tempo nas pantallas. Eri Osada dirixe o proxecto, que conta cun guión de Tappei Nagatsuki e Eiji Umehara.

Polo momento non hai data de estrea confirmada, e a série tan só anunciou-se cun breve vídeo promocional no decurso da Anime Expo 2023.