Cameron quere mais Alitas

154

O realizador James Cameron ven de confirmar que está a preparar polo menos unha secuela, ou se cadra mais, de Alita: Battle Angel, e todo grazas a unha venda de inmobles.

O futuro distópico de Alita vai sobre unha cyborg amnésica que redescubre a súa vida pasada como droide de batalla. A película de 2019, adaptación do manga orixinal de Yukito Kishiro Battle Angel Alita, foi ben recibida pola crítica e funcionou nos despachos de billetes cunha recadación de mais de 400 millóns de dólares en todo o mundo. Porén o seu elevado orzamento fixo que os benefícios da 20th Century Fox ficasen por baixo do agardado.

Cameron, mentres falaba da venda do seu rancho por 33 millóns de dólares na costa de Califórnia, confirmou que está a planear non unha, senón se cadra mesmo mais continuacións de Alita: Battle Angel, que se sumarán aos seus compromisos coas outras tres secuelas de Avatar:

En Avatar, traballo en Wellington e Los Angeles. E nas novas películas de Alita: Battle Angel, traballarei en Austin, así que [manter o rancho] xa non tiña sentido para nós“.