Resident Evil chega á cuarta entrega

0
197

Resident EvilXa está en marcha o primeiro esbozo de guión de Paul W.S. Anderson para a cuarta entrega da saga de Resident Evil e o segundo podería rematar-se ben axiña.

Polo de agora, os produtores están a tentar que Milla Jovovich repita o seu papel de Alice, mentres andan á procura dos outros membros do reparto e mais dun director. O mesmo ca nas anteriores secuelas, Anderson está descartado para a cadeira de director.

A história seica estará ambientada en Tóquio e mais en Alaska (ainda que as escenas de Alaska rodarán-se en Toronto). O tón será escuro e mais semellante ao do filme da saga que menos éxito tivo: Resident Evil: Apocalypse. Para as numerosas escenas de loita tamén se está á procura dun coreógrafo experto en artes marciais.