Rowling demanda a un fan de Potter

0
241

J.K. RowlingA autora da saga de Harry Potter, J.K. Rowling, sentiría-se “explotada” se unha empresa publicase unha enciclopédia non oficial do seu persoaxe.

Steve Vander Ark ven de escribir The Harry Potter Lexicon, un libro de referéncia de 400 páxinas baseado no seu popular sítio Web de fans de Potter. Rowling e mais a Warner Brothers, que produce as películas de Harry Potter, van demandar a RDR Books, unha editorial independente que planeou publicar o devandito libro no pasado novembro.

Estou moi frustrada de que un antigo fan decida utilizar o meu traballo para obter benefícios financeiros“, dixo Rowling nunha declaración perante un xulgado de distrito en New York. “Coido que o libro da RDR constitúe un pirateo de Harry Potter da clase dos que estiven tentando impedir e que tanto eu coma creadora deste mundo e mais os fans de Harry Potter, sentirían-se explotados por esta publicación“.

A demanda foi presentada en outubro e pretende deter a publicación e pide compensacións polos danos aos dereitos de autor e ás leis federais de marcas rexistradas por todos os benefícios que se obteñan.

Rowling dixo que planea escribir unha enciclopédia definitiva de Harry Potter ela mesma, que incluiría material que non entrou nas súas novelas e que doaría os benefícios á caridade.

RDR Books dixo que Vander Ark, un libreiro, ten pronunciado conferéncias de Harry Potter en Inglaterra, Canadá e mais os Estados Unidos e que algúns argumentos seus foron utilizados pola Warner en lanzamentos en DVD dos filmes de Potter.

A compañía e mais Vander Ark dixeron que o libro só promocionaría a venda das obras de Rowling e que o sítio Web de Vander Ark foi citado coma “un sítio estupendo” pola mesma Rowling.