O segundo regreso dos Mortos Viventes

248

A franquía de comédias de terror de Dan O’Bannon Return of the Living Dead de 1985, será reiniciada pola produtora Living Dead Media.

Steve Wolsh (Muck, Kill Her Goats) dirixirá o proxecto, que foi alcumado coma reinício en lugar de remake pola mesma produtora. De feito a compañía afirma que o plan é ampliar o mundo existente creado polas cinco películas orixinais.

Porén a intención tamén é manter-se fiel ás raíces de ciéncia-ficción, terror e comédia negra con cualificación “para maiores” do clásico de culto, ao tempo que se agarda atraer ás novas xeracións de fans dos zombis.

Aínda que a franquía Living Dead de George A. Romero é completamente independente desta, o orixinal Return of the Living Dead estreou-se nunha época na que as comédias de terror eran pouco frecuentes, especialmente as que facían referéncia a si mesmas. Só posteriormente, as franquías mais coñecidas coma Friday the 13th Part VI: Jason Lives con 1986 e Evil Dead II en 1987 axudaron a facer da comédia de terror un subxénero mais popular.

De todos os xeitos, polo de agora aínda non hai data de estrea para este proxecto. A película orixinal aínda pode ver-se en streaming en Joyn.