Os filmes independentes pasan da folga

278

O sindicato de actores de Hollywood SAG-AFTRA, que declarou unha folga indefinida o pasado xoves, ven de lle dar a súa aprobación a 39 producións independentes para que poidan continuar ou iniciar a súa rodaxe durante o paro, despois de confirmar que as súas empresas produtoras non están afiliadas á AMPTP, o colectivo oficial da indústria contra o que se dirixen as reivindicacións.

Aínda que é moi difícil sabe-lo tan cedo, na listaxe figuran algunhas producións de xénero, coma Death of a Unicorn, protagonizada por Paul Rudd e Jenna Ortega, que se rodará axiña en Hungría e que seica será unha comédia na que un pai e mais a súa filla atropelan a un unicórnio mentres se dirixían á súa casa.

Tamén está incluída Dust Bunny, un filme no que unha nena de oito anos lle pide axuda ao seu veciño (Mads Mikkelsen) para que mate ao monstro que se agocha debaixo da súa cama. Na listaxe está ademais The Chosen, unha série de televisión sobre a vida do fundador do cristianismo, ou Ganymede, un filme de terror que xa se rodou e que está en post-produción.

En todo caso, as empresas ás que lles dá o permiso para continuar rodando aceptan que se cinguirán aos acordos aos que o sindicato chegue coa AMPTP, caso por suposto de que se chegue a un acordo.