A adaptación ao cinema con acción real de Masters of the Universe na Netflix está oficialmente morta, segundo confirmaron fontes da Mattel. O custe do proxecto estaba a se disparar e xa levaba coma mínimo 30 millóns de dólares gastados tan só no desenvolvemento e para retér aos actores e mais aos seus directores Adam e Aaron Nee. Este é o último intento falido de adaptar a propiedade da Mattel á pantalla grande, despois de que as anteriores encarnacións na Warners e a Sony tamén fracasaran.