Jason Segel (Forgetting Sarah Marshall) está en negociacións mentres que Emily Blunt ten enriba da mesa unha oferta para ambos os dous se uniren ao novo filme baseado no clásico de Jonathan Swift As viaxes de Gulliver para a 20th Century Fox.
Esta moderna re-imaxinación da história narrará as aventuras dun escritor de guías de viaxes chamado Lemuel Gulliver (Jack Black), a quen lle encargan ir ao triángulo das Bermudas. Alí desaparece e chega ás costas dunha illa escondida, chamada Lilliput, onde viven persoas industriosas pero moi pequenas.
Blunt interpretaría o papel da princesa da illa e Segel a Horácio, un liliputense que se fai amigo de Gulliver e que está namorado da princesa.
A participación de Blunt depende tan só dos seus compromisos de axenda xa que ten que interpretar á Viúva negra en Iron man 2. As datas aínda están por determinar, polo que podería chegar a ser parte dos dous filmes. En todo caso, todo semella apuntar a que se non puidera actuar nos dous, teríaque optar polo de Gulliver, xa que ten asinado un contrato coa Fox que lle obriga a dar prioridade a esta compañía.
Rob Letterman estará na dirección, que conta cun guión de Nicholas Stoller e Joe Stillman. Os produtores son John Davis e Ben Cooley e a rodaxe escomezará en marzo.