Os Glover escribirán a Lando

271

Mentres a folga de guionistas de Hollywood non ten traza de rematar axiña, e á esta ségue-lle a de actores, a Disney, unha das grandes compañías contra á que se dirixen as reivindicacións, está a se espremer os miolos á procura de solucións. Deste xeito, a empresa contratou aos irmáns Donald e Stephen Glover para escribir a longamente agardada série Star Wars: Lando para a Lucasfilm e o servizo Disney+, contando co plan de que Donald repita o papel protagonista.

O proxecto, que se anunciara por primeira vez a finais de 2020 nunha xornada destinada aos investidores da Disney, segue a pegada de Donald Glover interpretando á versión moza de Lando Calrissian en Solo: A Star Wars Story en 2018. O persoaxe fora interpretado por Billy Dee Williams na triloxía orixinal de Star Wars.

O realizador Justin Simien foi vencellado a Lando en 2020 para se encargar da série, pero durante a promoción de Haunted Mansion este mes, dixo nunha entrevista que “non teño nin ideia do que está a pasar coa série“. Algúns médios informan que de feito Simien abandoou o proxecto o verán pasado para dirixir Haunted Mansion, e foi daquela cando a Lucasfilm contactou con Donald Glover, e el e mais o seu irmán decidiron embarcar-se no proxecto xuntos cunha versión que seica “emocionou á Lucasfilm”.

En todo caso, os Glover asinaron o seu contrato antes do comezo da folga o 2 de maio e xa non seguiron traballando no guión dende aquela.