Os derradeiros zombis de Porto Rico

287

A Roundtable Entertainment comezará en Porto Rico a finais de ano a rodaxe da derradeira película de zombis de George A. Romero, Twilight of the Dead.

Os herdeiros do falecido director de Night of the Living Dead colaboran coa Roundtable nesta “sétima e derradeira entrega” da súa franquía mais popular. Romero escribira un tratamento para o filme antes de morrer en 2017, e Joe Knetter, Robert Lucas e Paolo Zelati, quen tamén traballaran no tratamento con Romero, remataron de escribir o guión.

A película, da que se tiveron novas por primeira vez en 2021, desenvólve-se nunha illa tropical e vai sobre os derradeiros humáns da Terra, atrapados entre faccións de mortos viventes. Como é habitual nas obras de Romero, o filme contén comentários sociopolíticos mesturados co xénero de terror.

Polo de agora, os produtores (Suzanne Romero, John Baldecchi, Sarah Donnelly, Zelati e Stephanie Caleb) están a negociar cun director e xa comezaran conversas co elenco de actores antes de que comezase a folga, para a que tentarán atopar un acordo provisional.

Cómpre salientar en todo caso que o proxecto é totalmente independente da secuela aínda sen título da MGM de Night of the Living Dead que dirixirá Nikyatu Jusu, á que a família Romero non está vencellada.