Residente, o novo da Hammer

2
192

MorganJeffrey Dean Morgan (Watchmen, Anatomía de Grey, Sobrenatural) e mais a sua compañeira de reparto en P.S. I Love You Hilary Swank volverán-se ver as caras no thriller The Resident que proxecta a Hammer Films.

A história vai sobre unha médica nova (Swank) que se muda a un loft en Brooklyn onde após de vários acontecementos misteriosos chega á conclusión de que ela non é a única habitante da súa vivenda.

Así, descubrirá que o aparentemente encantador dono do piso (Morgan) desenvolveu unha periogosa obsesión con ela, o que resultará nun aterrador xogo do gato e mais o rato.

Antti J. Jokinen dirixirá este filme cun guión que el mesmo escribiu xunto a Robert Orr e que reescribiu posteriormente Erin Cressida.

2 Comentários

  1. Máis importante que a súa aparición en Anatomía de Grey, Jeffrey Dean Morgan é tamén un dos protagonistas de Watchmen

Comments are closed.