Sweeney é Spider-Woman en Madame Web

157

Sydney SweeneyA actriz de The Handmaid’s Tale Sydney Sweeney, quen actualmente protagoniza a série para adolescentes Euphoria na HBO, confirmou que fará o papel de Julia Carpenter, a identidade secreta de Spider-Woman, na vindeira película da Sony Madame Web. Nunha entrevista concedida antes do comezo da folga de actores, Sweeney dixo que “coido que é distinto do que a xente espera que sexa un filme de superheroes“. Madame Web está protagonizada por Dakota Johnson e ten prevista a estrea para o 16 de febreiro de 2024.