Dune 2 terá que agardar até 2024

243

As folgas de actores e guionistas de Hollywood están a colidir cada vez mais coa indústria, que xa non confía mais nun rápido acordo entre as partes. De feito, após do fracaso da primeira quenda de negociacións esta semana, todo semella indicar que o paro non rematará antes de fin de ano.

A folga obriga aos actores a non facer promoción das películas nas que participaron, e iso supón unha caída de recadación que as grandes producións non se poden permitir. Así pois, a Warner Bros. Pictures ven de adiar unha chea de filmes que tiña na axenda, e o mais salientábel na listaxe é a agardada longametraxe da Legendary Entertainment Dune: Part Two, de Denis Villeneuve.

Esta secuela tiña prevista a súa estrea para o 3 de novembro, pero agora a nova data será o 15 de marzo de 2024. E coma resultado, Godzilla X Kong: The New Empire adía-se ao 12 de abril e Lord of the Rings The War of Rohirrim para o 13 de decembro de 2024. Porén os que continúan a manter as datas inicialmente sinaladas son Wonka (15 de decembro) e Aquaman and the Lost Kingdom (20 de decembro).

A Disney/Marvel Studios pola súa banda podería aproveitar a oportunidade e adiantar The Marvels unha semana, xa que as salas que dispoñen de IMAX ficarían sen nada que exhibir, unha vez que Dune: Part Two abandoa a grella de programación.