Seica só era unha cuestión de tempo que John Carpenter rematase nunha institución mental…
O mestre do terror no cinema, director de filmes coma A Cousa, Vampiros, Están Vivos ou Halloween, será o encargado de facer The Ward, un thriller psicolóxico que protagonizará Amber Heard. Doug Mankoff, Mike Marcus e Andy Spaulding da Echo Lake Entertainment serán os produtores. Peter Block de A Bigger Boat será o co-financiador e produtor xunto á Echo Lake.
Escrito por Michael e Shawn Rasmussen, o filme vai sobre as aterradoras experiéncias dunha rapaza nunha institución mental que é axexada por unha pantasma. A rodaxe dará comezo en maio.
“The Ward é a clase de guión que estaba procurar: unha história complexa e vuisceral, chea de suspense e de medo“, dixo Carpenter.