Unha das ex-protagonistas de The 100, Eliza Taylor, e mais o actor que fai de Shanks en One Piece, Peter Gadiot, veñen de se facer con senllos papeis para a segunda tempada da série da NBC Quantum Leap.
Taylor será Hannah Carson, unha complexa rapaza que podería ser mais do que semella. O persoaxe aparecerá a partir do terceiro episódio da nova tempada.
Gadiot pola súa banda será Tom Westfall, un antigo axente das forzas especiais dos Estados Unidos que traballa agora coma oficial da intelixéncia do exército. É reflexivo, centrado, humilde e case espiritual. Asume un papel crucial supervisando o proxecto Quantum Leap.
Os dous únen-se aos habituais Raymond Lee, Caitlin Bassett, Ernie Hudson, Mason Alexander Park e Nanrisa Lee. A estrea da segunda tempada trasláda-nos a Rúsia en 1978, onde coma convidados veremos a François Arnaud, Melissa Roxburgh, Aaron Abrams e P.J. Byrne.
A canle puido rematar a maioría dos trece episódios que compoñen a segunda tempada antes de que dera comezo a folga de guionistas, polo que case todos os capítulos están listos para se emitir a partir do 4 de outubro.