Castlevania: Nocturne

205

NETFLIX / Castlevania: Nocturne. Durante a revolución francesa a finais do século XVIII, Richter Belmont, un descendente de Trevor, vive unha perigosa aventura. Clive Bradley creou e escribiu esta série de debuxos animados, que dirixen Sam e Adam Deats. No elenco de voces protagonistas están Richard Armitage e Graham McTavish, Emily Swallow, James Callis, Tony Amendola, Alejandra Reynoso, Shin’ichiro Miki, Naoya Uchida, Ryôtarô Okiayu e Ayaka Shimoyamada. Nas pantallas da Netflix a partir do 28 de setembro.