The Fall of the House of Usher

187

NETFLIX / The Fall of the House of Usher. A quinta e derradeira série de Mike Flanagan para a Netflix chegará ás pantallas a partir do 12 de outubro, e coma as anteriores, tomará elementos de diferentes obras dun autor, neste caso de Edgar Allan Poe, para os oito episódios. Neles, o túzaro Roderick (Bruce Greenwood) e mais a súa irmá xemelga Madeline (Mary McDonnell) tentarán facer o que sexa para que a súa empresa, a Fortunato Pharmaceuticals, se converta no pináculo da indústria.