A Lionsgate pechou un acordo de oito cifras para se facer cos dereitos do reinício de The Crow, un filme dirixido por Rupert Sanders e protagonizado por Bill Skarsgård, FKA twigs e Danny Huston.
O thriller de vinganza é unha nova versión do clásico de culto de 1994 que protagonizou Brandon Lee no seu derradeiro papel. Ambas están baseadas na novela gráfica sobre o persoaxe creada por James O’Barr.
A história vai sobre un home brutalmente asasinado que volve á vida para se vingar da súa morte e mais á da súa moza. O filme rodou-se en Praha e München e contou cun orzamento de 50 millóns de dólares.
Laura Birn, Sami Bouajila e Jordan Bolger coprotagonizan a película, mentres que Zach Baylin e Will Schneider son os responsábeis do guión. Victor Hadida, Molly Hassell, John Jencks, Samuel Hadida e Edward R. Pressman foron os seus produtores.
A estrea de The Crow está prevista para 2024.