Campbell acende a Lanterna Verde

0
250

Guy Gardner, o auténtico Lanterna VerdeMartin Campbell, que xa reinventou duas veces a franquía de James Bond co filme de 1995 Goldeneye e mais o de 2006 Casino Royale, está en negociación para dirixir o filme de Lanterna Verde para a Warner Bros. Pictures.

O feito de que se nomee a este prestixioso director para un filme que até de agora era só un proxecto fai que a adaptación do popular superheroe dos comics da DC entre nunha vía de alta prioridade para os estudos, que xa consideran que este será un dos seus principais filmes para 2010 ou 2011.

Greg Berlanti, que até de agora era quen soaba como director para o proxecto, é de todos os xeitos o autor do guión xunto a Marc Guggenheim e Michael Green. Berlanti e Donald DeLine serán os produtores.

Campbell, que tamén se encargou dos dous filmes de Antonio Banderas do Zorro e de Límite Vertical, ven de rematar o seu traballo no thriller protagonizado por Mel Gibson Edge of Darkness, un remake da minisérie dos anos 80 que se emitiu na televisión inglesa co mesmo nome e que el mesmo dirixira daquela.