Aquaman and the Lost Kingdom

152

DC / Aquaman and the Lost Kingdom. Tras fracasar no seu intento de derrotar a Aquaman, Black Manta non se deterá ante nada, e esta vez dispón do mítico Tridente Negro, que desata unha forza antiga e malévola. O director James Wan e mais Jason Momoa, xunto a Patrick Wilson, Amber Heard, Yahya Abdul-Mateen II e Nicole Kidman, regresan para a secuela do éxito da DC de hai catro anos. Nas salas de cinema a partir do 20 de decembro.